NOVEDADES

Noticias y Tendencias Inmobiliarias

A praia de Castro de Baroña entre as máis espectaculares, segundo National Geographic

A revista National Geographic elaborou unha listaxe coas praias máis espectaculares de España e tres delas sitúanse en Galicia. Na nosa comarca aparece a Praia de Castro de Baroña, en Porto do Son.

Unha histórica praia de tradición nudista, de area fina e augas limpas.
A praia ofrece unha bonita panorámica da ría de Muros e Noia e está situada ademais á beira dun dos castros máis espectaculares e mellor conservados de Galicia: o castro de Baroña.

"As augas son algo frías, sobre todo para os afeitos ao Mediterráneo, pero a cambio din os entendidos que teñen tanto iodo que son perfectas para broncearse", destaca National Geographic.

Xuntoa Baroña aparecen tamén a Praia das Catedrais, en Ribadeo (Lugo) e a Praia de Rodas, nas Illas Cíes.

Mas info: https://obarbanza.gal/2023/05/a-praia-de-castro-de-barona-entre-as-mais-espectaculares-segundo-national-geographic/